9 de junio de 2009
Agarimosa Xerais
Grazas, Xerais, pola doce acollida.
Grazas, Rosa, por esta viaxe sen volta a un recuncho do Luzada, grazas porque agora, cando chove ou vai frío, ou cando non queda outra que desaparecer un anaco, sei ben onde ir, á miña mesa de dúas cadeiras (dúas, por se alguén quere tamén desaparecer comigo) ao fondo dese, o noso bar perdido en Santiago.
Grazas, Noli, por esa forma túa de ofrecernos ilusión e calma e mesmo unha nova familia que parecía agardar por nós cos brazos abertos e un cantar no bico. Grazas Paz pola confianza, pola oportunidade, polo teu sorriso tranquilo, polas saídas de baixar as ventás e a marcha atrás divertida.
Grazas, Mónica, por esa loita sempre amiga, polos engadidos roubados a través da ventá do castelo. Aínda estás a tempo de atopar as catacumbas debaixo da Igrexa da túa vila.
Grazas, Pilar, por deixares que te ensináramos e ensinarnos a un tempo, polas túas ganas de fala e de festa. Porque case choras cando soubemos que eduarda era a nena Rosa.
Grazas, Verónica, pola túa alegría contaxiosa, pola defensa compartida das ás da bolboreta. Pola túa búsqueda imparable, polas túas ganas de maxia.
E grazas, Alba, tamén, polos nosos habituais "bff, ¿cómo lo llevas?". Compañeira na aventura da lectura a cegas, nas tardes de venres rindo e conversando, sumerxidas, nós tamén, como nunca imaxinara que pasaría, nos seráns Xerais, na lingua nosa dos soños, no castelo, na illa, no Luzada.
E grazas tamén, Manolo, que en cada xuntanza dicías "o que fagades estará ben, non vos preocupedes" como liberándonos a Alba e máis a min ao simple pracer da lectura que se disfruta. E a Celia, polo fermoso da illa, pola maxia da experiencia. E aos outros tamén, a todos, por ternos acollido coma un máis entre as súas verbas agarimosas.
E a Agustín, por agasallarnos coa forma súa de contar historias, se ben esta última máis fonda e comprometida, pero tamén máis real, máis viva, máis nosa.
(E a Arumes e a Lula, claro, polas fotografías recíprocas na ponte dos sospiros).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
algunas cosas me costo entenderlas, otras no las pude traducir.. pero la foto me encanto.
Ai Amanda, gracias a ti por compartir a experiencia e facelo todo un pouco máis fácil (menos mal que imos xuntas, que a ver que facía eu aquí soa) por compartir as opinións,(ei, este de que vai, ai buf, mellor acabo o outro que este é un coñazo.) Por Ás de bolboreta, defensoras dende o principio.
Amanda, eu terei algo de Xmen, pero ti de MAGA moitísimo. :)
Que anotación máis bonita. Beizóns, Amanda
Un bico a ti, Amanda: es un encanto. Tes que vir por casa un día destes: fala con Cecilia.
Encántame que me ensinedes.
E tamén quero que me ensines a facer fotos tan chulas como as que che vin en Flickr.
Bks.
Ah, e fichada queda Serendipia no meu Reader ;-)
grazas a ti Amanda, por esa ollada aberta ao mundo
bicos
Gracias a ti, pequena bolboreta jajajaja. Bicos.
19 xuño
No te estás despidiendo, ¿verdad? Llevo diez minutos mirando tu foto...
Te encontré.
¿Sabrás quién soy?
Qué bonito todo lo que pones, quien sabe, sabe.
Muamua, uno por mejilla, bonita.
Publicar un comentario